
Últimas Novas!
🎶 Comeza a conta atrás para a 6ª Romaría da Música de Ribadumia! 🎶
14/04/2026
A organización xa está en marcha cos preparativos para unha nova edición deste evento tan especial. Pouco a pouco imos dándolle forma a unha xornada que, un ano máis, encherá de música e ambiente a nosa carballeira.
Aínda non podemos desvelar todos os nomes do cartel, pero estamos traballando arreo para pechalo moi pronto… e prometemos que haberá sorpresas! 😉
📅 A cita será o domingo 10 de maio de 2026, na tradicional Carballeira de Ribadumia.
🤩 Isto xa está en marcha… e vén con forza!
🎺 Reservade a data, que axiña comezamos a desvelar novidades!
#RomaríaDaMúsica #Ribadumia #CulturaGalega #SonsDeRibadumia #UniónPolaMúsica
Conta atrás para a 5ª Romaría da Música de Ribadumia
13/03/2025
A organización da 5ª Romaría da Música de Ribadumia xa puxo en marcha os preparativos para este esperado evento.
Aínda que non podemos revelar a lista completa de artistas neste momento, estamos traballando arreo para pechala nas próximas semanas. A romaría terá lugar o domingo 11 de maio de 2025, na tradicional Carballeira de Ribadumia.
Nos vindeiros días, algúns membros da organización visitarán a veciñanza para solicitar a súa colaboración. Dende este espazo, queremos expresar o noso agradecemento a todos os que fan posible esta festa: membros da asociación, familiares e achegados. 🤩 ¡Agardámosvos o 11 de maio! 🎶
🎵 Para máis información e novidades, consultade a nosa web!
Comezan os preparativos para a 4ª Romaría da Música de Ribadumia
18/03/2024 NOVA INTERNA
Queremos anunciarvos que dende a organización puxéronse en marcha as engranaxes para arrancar os preparativos da 4ª Romaría da Música de Ribadumia.
De momento non podemos confirmar a lista completa de Artistas pero agárdase que nas próximas semanas se peche.
A 4ª Romaría da Música de Ribadumia terá lugar o próximo Domingo 12 de maio de 2024. No lugar de costume, a Carballeira de Ribadumia.
Conta atrás para a ROMARÍA DA MÚSICA DE RIBADUMIA!
24/04/2023 NOVA INTERNA
Hoxe queremos informarvos dos grupos musicais que subirán ao escenario. Dunha banda haberá folclore tradicional da man de XIRONSA (Corvillón), Cantareiras MADIALEVA e ZANFONEIROS sen FRONTEIRAS; banda de música AGRUPACIÓN MUSICAL DE GOIÁN (Tomiño); charanga AS DE SEMPRE MÁIS NÓS; grupo rock local SUFRE MAMÓN; a ORQUESTRA CARACAS e a BANDA e CORO da ESCOLA da Banda Municipal de Ribadumia.
A 3ª Romaría da Música de Ribadumia terá lugar o próximo Domingo 14 de maio de 2023.
Ribadumia se fue de romería
08/05/2022 · La Voz de Galicia
Ribadumia acogió hoy la Romaría da música en la que, durante todo el día, se sucedieron actuaciones musicales, juegos tradicionales y no faltó tampoco la gastronomía con empanada y pulpo. El buen tiempo animó a buscar la sombra al pie de la Carballeira.
Así fue la Romaría da Música de la Banda de Ribadumia
09/05/2022 FARO DE VIGO
Mucha música... Pero también sorteos, juegos hinchables y comida. Estos fueron los ingredientes de la segunda Romaría da Música, un evento organizado por la Banda Municipal de Ribadumia, que congregó ayer en la Carballeira de esta localidad a cientos de personas.
Grupos musicais confirmados
24/04/2022 NOVA INTERNA
O próximo 8 de maio na Carballeira de Ribadumia disfrutaremos dunha Romaría da Música única.
Neste momento podemos confirmar que estarán no escenario os seguintes grupos: a Banda de Música Cultural de Mondariz, os grupos tradicionais Xironsa (Cambados) e Maravallada (Pontevedra), a Charanga Mil9 (Cambados) e a artista Bene Nogueira.
Será o vindeiro 8 de maio cando estes artistas serán os culpables de facernos desfrutar da #boamúsica sobre o escenario. Teremos ocasión para repasar un amplo repertorio musical que vai dende o folclore e música tradicional ata pezas internacionais e bandas sonoras.
O lugar escollido para celebrar a Romaría, a maxestuosa e fermosa Carballeira de Ribadumia, será o epicentro onde haberá momento para xogar, bailar, cantar, comer e desfrutar xuntos coa música, fundamental nas nosas vidas.
Preparados para a 2ª Romaría da música!
21/04/2022 NOVA INTERNA
A comisión organizadora acordou por unanimidade celebrar a 2ª Romaría da Música o próximo Domingo 8 de maio de 2022. Dende a organización agardan que se den as circunstancias para que esta nova edición volva a ter igual ou máis éxito que a 1ª edición.
Durante as últimas semanas dende a organización trabállase arreo para encontrar o equilibrio entre as vertentes musical, social e cultural así como o espíritu de Romaría e Festa popular. Nos próximos días pasarán membros da comisión a solicitar a colaboración da veciñanza. Sexa como sexa, dende este anaco da rede tamén queren agradecer a colaboración desinteresada e en prol desta romaría. 🤩 ¡Vémonos o 8 de maio! Ánimo, saúde e música para tod@s. 🎶
🎵 Mantente informado sobre as novidades da Romaría consultando esta sección. Grazas.
Aprazada a II Romaría da Música de Ribadumia ata o próximo ano 2021
01/05/2020 NOVA INTERNA
Debido aos últimos acontecementos provocados polo problema sanitario global do coronavirus, SARS-CoV-2 (COVID-19), a comisión organizadora acordou por unanimidade aprazar a II Romaría da Música ata o próximo ano 2021. Dende a organización lamentan ter que tomar esta medida tan dura...
Suspéndense os preparativos da II Romaría da Música
13/03/2020 NOVA INTERNA
Debido aos últimos acontecementos provocados polo problema sanitario global do coronavirus SARS-CoV-2 (COVID-19) a comisión organizadora acordou por unanimidade suspender os preparativos da II Romaría da Música ata que as medidas de illamento e restricción de movementos sexan suspendidas. Mantente informado consultando esta sección nos próximos días...









