top of page
Grupos musicais confirmados

Webmaster · RIBADUMIA

24/04/2022 NOVA INTERNA

O próximo 8 de maio na Carballeira de Ribadumia disfrutaremos dunha Romaría da Música única.
Neste momento podemos confirmar que estarán no escenario os seguintes grupos: a Banda de Música Cultural de Mondariz, os grupos tradicionais Xironsa (Cambados) e Maravallada (Pontevedra), a Charanga Mil9 (Cambados) e a artista Bene Nogueira.

Será o vindeiro 8 de maio cando estes artistas serán os culpables de facernos desfrutar da #boamúsica sobre o escenario. Teremos ocasión para repasar un amplo repertorio musical que vai dende o folclore e música tradicional ata pezas internacionais e bandas sonoras.
O lugar escollido para celebrar a Romaría, a maxestuosa e fermosa Carballeira de Ribadumia, será o epicentro onde haberá momento para xogar, bailar, cantar, comer e desfrutar xuntos coa música, fundamental nas nosas vidas.

Lembra que a ROMARÍA DA MÚSICA é un evento libre e sen entrada ata completar aforo. Pero as mesas dispoñibles para xantar si son limitadas... polo que non quedes sen a túa!!

+info: https://bandaribadumia.wixsite.com/romariadamusica/grupos

bottom of page