top of page

Grupos e Artistas (Edición 2026)

OS NOSOS ARTISTAS CONFIRMADOS
Banda de Música de Sanxenxo
BANDA DE MÚSICA
(SANXENXO, PONTEVEDRA)
  • Instagram
  • Facebook

A Asociación Cultural Banda de Música de Sanxenxo naceu co propósito de fomentar a paixón pola música no concello, ofrecendo formación musical e promovendo a participación activa na vida cultural. A súa banda destaca pola súa presenza en eventos locais e pola súa capacidade de levar a música de Sanxenxo a diferentes escenarios.

A Banda de Música de Sanxenxo participou ao longo dos anos en múltiples concertos, intercambios e encontros musicais, consolidándose como un referente cultural na comarca do Salnés. A súa misión é unir música, tradición e comunidade nunha mesma harmonía.

🎵🅱🅰🅽🅳🅰 🅳🅴 🅼🆄🆂🅸🅲🅰 🅳🅴 🆂🅰🅽🆇🅴🅽🆇🅾🎵

#boamúsica #SonsDeRibadumia #romaríadamúsica #culturagalega #uniónpolamúsica

banda_sanxenxo_logo.jpg
xironsa.jpg
Xironsa
GRUPO FOLCLÓRICO
CORVILLÓN (CAMBADOS)
  • Instagram
  • Facebook
  • X

Xironsa é unha asociación cultural formada por moz@s e non tan moz@s defensores da cultura galega. Persoas de todas as idades que comparten un mesmo afán, conservar a nosa música, os nosos bailes e as nosas costumes, promovendo este legado cultural e loitando contra vento e marea para mantelo vivo a través de actuacións como as que teremos ocasión de escoitar durante a Romaría da Música de Ribadumia. Dende fai anos, cada verán sorpréndennos organizando o Festival Xironsa, un evento cultural de recoñecida traxectoria en toda a contorna.

ⓍⒾⓇⓄⓃⓈⒶ

#boamúsica #SonsDeRibadumia #romaríadamúsica #uniónpolamúsica #culturagalega

Asociación Cultural e Musical "OS FIRRÁS"
GRUPO DE RONDALLAS
O GROVE (PONTEVEDRA)
  • Facebook

Presentámosvos este grupo de músicos chegados dende O Grove. Nas súas actuacións interpretan pezas para adozarnos a boca con mistura de estilos do panorama musical gaego, nacional e internacional. Interpretan boleros, habaneras, baladas, música tradicional galega, música popular española, música dos 50 á actualidade, etc.

Alá onde son convidados conseguen animar coa súa música e bo facer a todo o público presente.

De seguro que desfrutaremos con eles na Romaría da música. ¡Vémonos pronto!

#boamúsica #SonsDeRibadumia #romaríadamúsica #culturagalega #uniónpolamúsica 

firras grove
o_castro_baion.webp
Rondalla O Castro
Rondalla
BAIÓN, VILANOVA DE AROUSA

Unha agrupación con máis de 25 anos de historia que nace no seo da Asociación Cultural O Castro, levando a música popular galega por escenarios de toda Galicia e tamén fóra dela.

Formada por guitarras, bandurrias e laúdes, a rondalla destaca polo seu repertorio variado e pola súa capacidade para conectar co público en cada actuación, combinando tradición e emoción. Ao longo da súa traxectoria participou en numerosos festivais e encontros musicais, ademais de organizar eventos tan sinalados como o Encontro de Rondallas de Baión.

A súa música é reflexo do compromiso coa cultura, a convivencia e a transmisión do patrimonio musical ás novas xeracións.

Este 10 de maio desfrutaremos con eles na Romaría da Música. ¡Vémonos pronto!

#boamúsica #SonsDeRibadumia #romaríadamúsica #culturagalega #uniónpolamúsica

  • Instagram
  • Facebook
  • RSS
Dúo Los Dinámicos
Dúo musical
AROUSA (PONTEVEDRA)
  • Facebook

🎵 ¡Presentando a "Los Dinámicos"! 🎶

¡Prepárense para unha experiencia musical e escénica que os deixarán sen alento! 🎤🕺🎭

Cunha combinación explosiva de talento vocal, ritmo contaxioso e un toque de humor, o Dúo "Los Dinámicos" están aquí na Romaría da Música para poñerlle sabor e facer que esta Romaría especial sexa inolvidable.

Xa sexa en festas, eventos corporativos, bodas, bautizos ou enterros! "Los Dinámicos" encargaranse de mantener a tu audiencia cautivada co seu increíble talento e un repertorio musical que abarca dende os clásicos ata os éxitos máis actuais. #LosDinámicos #MúsicaYEntretenimiento #ShowEnVivo #ExperienciaÚnica #romaríadamúsica #boamúsica #bandaribadumia #culturagalega #uniónpolamúsica

los dinámicos_edited.jpg
¿Queres manterte ao día das novas
da Romaría da Música?

¡Gracias por suscribirte!

  • Negro Facebook Icono
  • Negro del icono de Instagram
  • TikTok
  • X

Asociación cultural BMMR

Copyright © 2026 · Información legal

bottom of page