top of page
Conta atrás para a ROMARÍA DA MÚSICA DE RIBADUMIA!

Webmaster · RIBADUMIA

24/04/2023 NOVA INTERNA

Hoxe queremos informarvos dos grupos musicais que subirán ao escenario. Dunha banda haberá folclore tradicional da man de XIRONSA (Corvillón), Cantareiras MADIALEVA e ZANFONEIROS sen FRONTEIRAS; banda de música AGRUPACIÓN MUSICAL DE GOIÁN (Tomiño); charanga AS DE SEMPRE MÁIS NÓS; grupo rock local SUFRE MAMÓN; a ORQUESTRA CARACAS e a BANDA e CORO da ESCOLA da Banda Municipal de Ribadumia.
A 3ª Romaría da Música de Ribadumia terá lugar o próximo Domingo 14 de maio de 2023.

Durante as últimas semanas dende a organización trabállase arreo para encontrar o equilibrio entre as vertentes musical, social e cultural así como o espíritu de Romaría e Festa popular.
Durante as últimas semanas varios membros da asociación solicitaron a colaboración da veciñanza. E dende este anaco da rede non podemos máis que agradecer a excelente colaboración en prol desta romaría mostrada por todos os profesionais, autónomos e empresas do municipio e arredores. E como non, agradecidos de todos os membros da asociación, familiares e achegados que fan posible seguir con este proxecto.🤩 ¡Vémonos o 14 de maio! Ánimo, saúde e música para tod@s. 🎶
🎵 Mantente informado sobre as novidades da Romaría consultando a web!

bottom of page