🎶 Comeza a conta atrás para a 6ª Romaría da Música de Ribadumia! 🎶

webmaster · RIBADUMIA
14/04/2026
A organización xa está en marcha cos preparativos para unha nova edición deste evento tan especial. Pouco a pouco imos dándolle forma a unha xornada que, un ano máis, encherá de música e ambiente a nosa carballeira.
Aínda non podemos desvelar todos os nomes do cartel, pero estamos traballando arreo para pechalo moi pronto… e prometemos que haberá sorpresas! 😉
📅 A cita será o domingo 10 de maio de 2026, na tradicional Carballeira de Ribadumia.
🤩 Isto xa está en marcha… e vén con forza!
🎺 Reservade a data, que axiña comezamos a desvelar novidades!
#RomaríaDaMúsica #Ribadumia #CulturaGalega #SonsDeRibadumia #UniónPolaMúsica

Nos vindeiros días, membros da organización pasarán pola veciñanza para solicitar colaboración. Queremos aproveitar para agradecer, dende xa, a implicación de todas as persoas que fan posible esta festa: integrantes da asociación, familias, colaboradores e veciñanza. 💛