top of page
Ribadumia celebra a súa primeira Romaría da Música

Pury González. AROUSA SI RADIO

08/05/2019

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Ribadumia celebra este domingo a I Romaría da Música, un encontro organizado pola Banda Municipal e que mistura estilos de música dispares con actividades lúdicas e de animación para pequenos e maiores. A Romaria dará inicio ás 12 do mediodía coa apertura das postos de comida e as actividades lúdicas e musicais. Previamente, haberá unha xuntanza de motos e coches clásicos que sobre as 10 horas percorrerán a localidade e arredores. No programa musical estarán dúas bandas de música, a de Belesar e a Municipal de Ribadumia, dous grupos de rock e metal, Sufre Mamón de Ribadumia e Treboada de Cambados, un cuarteto clásico de saxofóns, o Dextrum Ensemble de A Estrada, e a charanga As de Sempre de Cambados. Para xantar haberá churrasco e polbo a prezos populares. E en canto as actividades lúdicas realizaranse xogos tradicionais, obradoiros de pintura e maquillaxe infantil, e exhibición de zumba. Un Romaría da Música que tanto o Concello como os organizadores prentenden consolidar, tal como nos comentaba o alcalde, David Castro, e o representante da Banda Municipal, José Antonio Paz, na presentación do evento.

bottom of page